venres, 7 de agosto de 2015

Actividades de agosto


Xoves 13 ás 20h - Charla: "A experiencia contra a minería a ceo aberto no Bosque Hambach (Alemaña)".

A cargo dun compañeiro que se achegou ata alí para coñecer esta loita e falará da traxectoria da defensa do bosque.

Domingo 23 ás 20h - Presentación do Proxecto Uter.

É un intricado debuxo colaborativo que empezou cunha recopilación de historias relacionadas co aborto no estado español e reivindica a libertade para decidir sobre o propio corpo.

Xoves 27 ás 20h - Debate: "Xestión dos conflitos sexistas nos Movementos Sociais"