mércores, 15 de xuño de 2016

Presentación do libro "Manifesto por unha sociedade democrática"

Este domingo 19 de xuño, ás 20:00h, teremos a charla presentación da obra “Manifiesto por una sociedad democrática” de Abdullah Öcalan a cargo do tradutor ao castelán, Mahmut Colak Zerdesti, membro do congreso nacional kurdo. No primeiro volume desta obra investígase sobre as orixes das grandes estruturas opresivas (patriarcado, Estado e capitalismo) e qué mecanismos utilízanse para xustificalas.

Tamén intervirá un mebro o colectivo Rojava Azadî falando da situación actual no Kurdistán.

Haberá ceador vegano.

luns, 9 de maio de 2016

1er aniversario del Ateneo Xosé Tarrio

Este sábado celebraremos o noso aniversario e estades todxs convidadxs.

Ás 18:00 haberá unha breve presentación do Ateneo, do que facemos, e a qué dedicamos o espazo. Tamén teremos connosco ás Nais Contra a Impunidade falando do seu colectivo.

Despois haberá un concerto en acústico do que poderedes disfrutar mentres enchedes o bandullo co ceador vegano, e para rematar, teremos un concurso de picantes, por se vos atrevedes!

Vémonos aló!


mércores, 13 de abril de 2016

As proxeccións de Abril: ciclo feminista


O cartaz das proxeccións deste mes, feito por Ava Adore Art.

As proxeccións serán en versión orixinal subtituladas en español.

Todos os xoves as 20:00 horas no Ateneo.

Xoves 7: The punk singer
Xoves 14: Miss representation
Xoves 21: 4 luni, 3 saptamâni si 2 zile
Xoves 28: Foxfire

xoves, 24 de marzo de 2016

Concentración 30 marzo as 20h


O próximo 30 de marzo vaise celebrar o xuízo contra o Centro Social Okupado de Palavea. Se fai dos anos nos desaloxaron nun xuízo civil cheo de irregularidades e sen posibilidade de defensa ao non abonar os 70 000€
solicitados da caución (unha especie de garantía inventada para o desaloxo express dos okupas) agora vaise a celebrar o xuízo penal, no que imputan a varias persoas un delito de usurpación máis o pagamento dunha responsabilidade civil de 30 000€, por unha suposta perda de beneficios do novo dono. Os datos demostran que o investimento non lle saíu tan pouco rentable como di, adquiriu o inmoble por un millón e medio de euros cando o anterior comprador (Valery Karpin) pagara 7 millóns.

Este centro social serviu durante casi 3 anos de dinamización o esquecido barrio de Palavea, un dos máis desatendidos da cidade, realizando todo tipo de actividades: reunión de xogos para crianzas, palestras, concertos, skate-park, talleres e obradoiros (ioga, teatro, boxeo, guitarra, etc.), xantadores veganos, asembleas, biblioteca… e festivais que tiveron unha gran afluencia como o Tattoo Circus, o Maroma Fest ou o Hack Meeting. Traballo que se puido desenrolar polo esforzo completamente gratuito de tódolos membros do espazo, demostrando que é posible a autoxestión e organizarse o marxe da lóxica de mercado.

Tras o desaloxo, o novo propietario asegurou que a súa intención era edificar un xeriátrico privado no que se coidarían aos nosos anciáns… a condición de que teñamos o diñeiro necesario para financiar tan caro e lucrativo negocio. O certo é que ata datas recentes non comezaron obra algunha, demostrando que o fin da compra foi esencialmente especulativo.

No movemento okupa xa estamos afeitos á represión por autoorganizarnos ó marxe das institucións, esta vez non vai ser menos, pídenos unha pena desproporcionada para que serva de escarmentó ós futuros proxectos afíns da cidade. A pesares diso, nós seguiremos a pé de rúa contra vento e marea, a súa represión non nos calará.

¡NON Á REPRESIÓN DOS MOVEMENTOS SOCIAIS!

¡UN DESALOXO, OUTRA OKUPACIÓN!

martes, 5 de xaneiro de 2016

Xornadas antirepresivas

A finais de ano comezaron as xornadas antirepresivas, en apoio xs presxs co obxectivo de visibilizar e concienciar sobre a represión presente tras os muros das prisións, pero ata agora non puidemos subilo cartaz.

As xornadas terán lugar en tres centros sociais: Ateneo Libertario Xosé Tarrío, Centro Social A Comuna e Centro Social Gomes Gaioso.

Inauguramos o pasado 28 de decembro unha exposición con obras artísticas de presxs no Ateneo, pero dependendo da semana, como vedes no cartaz, as xornadas se realizarán en outros CCSS, polo que ademáis de haber proxeccións, palestras e charlas, se trasladará a exposición ao centro social correspondente.

Esperamos vervos nalgún evento, unha aperta e se agradece a difusión!