Proxecto "Habeas Corpus"

Taller de autodefensa xurídica e social Habeas Corpus.

Nais contra a impunidade – Fundación Sen esquencer.

Martes de 18,00 h a 20,00h

Ateneo Xose Tarrio
Rua La Paz n 17, CP 15007
A Coruña

Proxecto “Habeas Corpus”

O Proxecto “HABEAS CORPUS” TALLER-ASESORAMENTO XURÍDICO, SOCIAL, SANITARIO  en  LOITA CONTRA A EXCLUSIÓN SOCIAL é a concreción material de anos de traballo da "Fundación Sen Esquencer" e do Colectivo “Nais contra a Impunidade”. Este traballo consistiu en tentar dar respostas a problemas tanto xurídicos, sociais e sanitarios, nun contexto difícil complexo e hermético, onde viven persoas que sofren a diario o azote da exclusión silandeira,  da violencia institucional, da persecución ancestral, da precariedade económica, da castración emocional, da negación da identidade, do esquecemento, da segregación grupal, das diferenzas  culturais, étnicas, de xénero, laborais e sociais. Muros que cada día móstranse máis altos, coma a onda que se produce nunha poza tras tirar a pedra.

É obsceno e palpable que mentres que aquelas persoas ou colectivos pertencentes a un estatus medio-alto da sociedade disfrutan dunha serie de servizos, prestacións e privilexios; as persoas pertencentes a o grupo dos desherdados/as, dos/as ningens, atópanse totalmente indefensas  ante as diversas problemáticas cotiás que teñen que afrontar.

Así a prisión, a pobreza, a exclusión, a violencia, a discriminación, son a “imaxe distorsionada”, son o eco de  realidades sociais endémicas, ocultas, abandoadas. Son a condea, o resultado, o futuro de miles de familias no esquecemento.

Ao manipulado xogo de “causa-efecto”  debemos sumar a responsabilidade nosa como cidadáns, a falta de vontade política nai da hipocresía, a ignorancia esencia propia da intelectualidade académica, a insolidariedade filla da opulencia e do inmobilismo.

Amais deste cadro subreal e do palpable avance das desigualdades sociais, aínda por riba  vivimos tempos onde estase a producir unha demolición controlada da universalización dos servizos públicos (privatizacións, incremento de requisitos, exclusión dos servizos a grupos étnicos, etc) co conseguinte efecto de desprotección imprudente que elo supón, refrendando o dito popular de a “can flaco, todo son pulgas”

Ante esta situación este Proxecto tenta ser un pequeno grao de area,  un instrumento eficaz para tentar (cando menos) paliar este déficit social  atacando á raíz do problema, en definitiva unha acción directa.

E estas son:

  • Taller de Autodefensa. Asesorando de xeito, universal e horizontal, sobre asuntos penais, penitenciarios, sociais, administrativos e de xénero. Intervindo nos procesos xudiciais,informando dos dereitos, analizando a situación, mediando coa defensa de oficio, reclamando medidas alternativas etc.

  • Universidade popular. Foro de intercambio de coñecementos, sen xerarquía académica nin prexuízos. Que aborda o saber como arma liberadora. Tratamento transversal da cultura. (dereito, psicoloxía, socioloxía, historia, medicina etc).

  • Publicación de libros. Coa vocación de preservar e difundir a obra literaria do compañeiro Xose Tarrio, e doutras persoas silenciadas; Nais contra a Impunidade edita o libro (coas correspondentes traducións) “Huye hombre huye”.

Info de contacto: 

Nais contra a Impunidade in memorian Xose Tarrio & Diego Viña
CIF 70360706  
Rúa La Paz n 17, CP 15007, A Coruña

facebook: https://www.facebook.com/naiscontraimpunidade

Se queres colaborar

Podes asinar o contrato Utópico que  atoparas na nosa paxina web ou no noso local, mediante a achega de 5 € mensuais, que serviran para axuntar esforzos e permitir a autoxestión dos proxectos sociais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario